A Asociación de Empresarios de Ribeira reuniuse con XESTUR e co Concello para seguir impulsando o proxecto do novo polígono

13 Outubro 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira, no marco do seu compromiso polo desenvolvemento de Ribeira en todas as facetas que lle competen á entidade de comerciantes e empresarios, vén de manter unha xuntanza cos responsábeis de XESTUR (Xestión do Solo de Galicia) encamiñada a recadar información recente e detallada sobre o proxecto do novo polígono industrial do concello ribeirense.

A reunión completouse con outra xuntanza co alcalde Luís Pérez Barral, ao que se lle informou sobre os detalles da sesión previa expuxéronselle os diferentes temas tratados “coa finalidade de avanzar no camiño de converter o proxecto en realidade”, sinalou a patronal nun comunicado. Nel, a asociación tamén fixo saber que a acollida deparada por XESTUR e o Concello “foi en grao sumo cordial e puidemos constatar a predisposición do Concello para a consecución deste polígono tan necesario para o noso desenvolvemento”.

O plano do proxecto

Durante o transcurso da reunión, a asociación mostrou interese pola redacción dos orzamentos recentemente aprobados en todos os temas pero especialmente “naqueles que nos que máis nos afectan sectorialmente, así como da variante entre outros asuntos”.

A patronal comunicou ao rexedor e aos seus socios que están previstas reunións coa Conselleira de Economía e Industria, así como co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, “para abordar os temas que nos ocupan e dos que eles son parte importante para o logro de subvencións e achegas que poidan facer, por unha banda, e para que se cumpra o compromiso adquirido de desdobramento da estrada de acceso ao polígono, pola outra”.

Ao alcalde tamén se lle trasladou “a necesidade de avanzarmos unidos, tanto coas diferentes administracións, como cos empresarios interesados en lograr que as súas empresas teñan solo onde instalarse e desenvolver a súa actividade”. A asociación valorou positivamente que a proposta fora moi ben recollida e que o rexedor mostrase neste punto “o seu total e decidido compromiso”.

E conclúe o comunicado: “Seguiremos perseverando nas nosas accións para que Ribeira prospere e non quede estancada, e desde aquí emprazamos aos nosos socios para que despois de realizadas estas reunións acudan á reunión que na nosa sede celebraremos e onde daremos cumprida conta dos resultados das mesmas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.