“Zarpou de Ferrol o buque da Armada Española Patiño, que se integra nunha misión da OTAN” – Antón Luaces

28 Setembro 2023

Unha peza musical tan eminentemente galega como é unha muiñeira, despediu no mediodía deste mércores en Ferrol aos case que 200 tripulantes do buque de aprovisionamento en combate Patiño, que se integra, ata mediados de decembro, na forza naval da OTAN (SNMG-2) que leva a cabo no Mediterráneo a misión Noble Shield, resposta da Alianza Atlántica á invasión de Ucraína por parte de Rusia.

O buque da Armada Española, ao mando do capitán de fragata Francisco Díaz Rodríguez, ten  unha eslora de 166 metros e 22 de manga. Construído a mediados dos anos 90 nos estaleiros de Bazán-Ferrol (actual Navantia) foi botado o 22 de xuño de 1.994. 

Nas inmediacións do peirao 10 de Navantia, onde permanecía atracado o Patiño, familiares e amigos da tripulación permaneceron dando a súa despedida aos mariños da Armada que integran a dotación deste buque ata que o mesmo se perdeu de vista.

O Patiño, xunto co seu irmán Cantabria, conforman o plantel de buques loxísticos da Frota que forman parte da 31ª Escuadriña de Superficie, con base no Arsenal ferrolán. Nos seus 29 anos de servizo cumpriu a plena satisfacción da Armada cos cometidos para os que foi deseñado. Entre outros, a operación Sharp Guard en apoio ao embargo decretado polo Consello de Seguridade da ONU á antiga Iugoslavia en 2006; a operación Allied Action durante a crise de Kosovo en 1998;  dous destacamentos ao Océano Índico no marco da operación Enduring Freedom, nos que tomou parte na acción sobre o buque sen pavillón So San que levaba 15 mísiles Scud, en 2002; a operación Libre Hidalgo, en 2006, formando parte por primeira vez dunha operación anfibia; ou na operación Active Endeavour contra o terrorismo no Mediterráneo (anos 2009 e 2010) e na operación Atalanta contra a piratería no Corno de África (2010 e 2011), esta última como buque de mando do CTF 465, comandante da EUNAVFOR.

Durante a pandemia de coronavirus, o Patiño estivo preparado para a súa posible activación na Operación Balmís como buque hospital para os coidados de enfermos e transporte de medicamentos a onde se requirira. Neste ano 2023 forma parte das Forzas Navais da Alianza Atlántica no Mediterráneo e no Atlántico.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.