Würth España inaugura este venres un novo autoservizo en Ribeira

27 Setembro 2023

Würth España, empresa especializada na distribución e comercialización de ferramentas e produtos en sectores como talleres de automoción, vehículos industriais, metal, instaladores, mantemento, madeira, agricultura e construción, inaugura un novo punto de venda en Ribeira este venres 28 de setembro. A multinacional alemá, que ten presenza desde hai 45 anos en España, aposta por Ribeira e a súa localización estratéxica para a apertura do seu autoservizo número 149, onde ofrecerá máis de 3.000 referencias do catálogo de Würth nun espazo que dispón de 350m2.

Segundo informan fontes da compañía, os clientes terán ao seu alcance un amplo abano de ferramentas, químicos, parafusería, tacos e ancoraxes, así como un apartado de Modyf, a marca de vestiario laboral. “Todo iso clasificado e ordenado en expositor adecuadamente colocados para facilitar a visibilidade de todas as referencias do autoservizo”, engaden.

A tenda atópase situada no Polígono Industrial Xaras, na avenida Ramiro Carregal Rey, nun “lugar estratéxico para facilitar a localización, acceso e o estacionamento dos vehículos”, explican dende a empresa, engadindo que os visitantes que acudan recibirán unha ampla información e asesoramento da gama de produtos e servizos que se atopan nas súas instalacións, ademais, poderán beneficiarse de promocións especiais.

Actualmente, Würth xa ten presenza en todas as comunidades autónomas e en Baleares.

Teléfono do Autoservizo: 981 072 599.

Correo electrónico: autoservicio.ribeira@wurth.es.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.