Venres regresan as chuvias que continuarán o sábado e domingo

07 Setembro 2023

Na xornada do venres agárdase unha mañá de brétemas no litoral e ceos alternando nubes e claros no resto. A partir do mediodía, medrarán nubes de evolución diúrna que darán lugar a chuvascos e trebóns localmente fortes, acompañados de saraiba e refachos de vento, menos probables no litoral oeste. As temperaturas permanecerán sen cambios significativos. O vento soprará de dirección variable.

Atención para venres: Chuvascos e trebóns localmente fortes, acompañados de saraiba e refachos de vento.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar05:131.6 m
Preamar11:512.8 m
Baixamar18:241.5 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar05:051.6 m
Preamar11:392.8 m
Baixamar18:181.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar05:091.6 m
Preamar11:462.7 m
Baixamar18:231.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.