Unha exposición sobre a navegación a vela recala na Pobra

06 Setembro 2023

Arredor de cincuenta imaxes sobre embarcacións do pasado naval, principalmente da ría da Arousa e da de Muros e Noia, integran a mostra Tempos de vela. A imaxe dos veleiros galegos no século XIX, titulada de igual maneira ca o libro publicado hai máis dunha década por José Ramiro Villoch Herrera. Xunto
ás fotografías de reproducións destes navíos, figura unha breve recensión sobre estes.
Este é o froito dun arduo traballo de investigación efectuado por quen, se ben médico de profesión, profesaba unha grande afección polo estudo do pasado da localidade.
A inauguración desta exposición póstuma terá lugar no 8 de setembro, ás 20.00 horas, na casa da cultura Raquel Fernández Soler e contará coa actuación musical de Esperanza Mara.
Durante o acto intervirán a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e Victoria Villoch, filla do falecido médico e escritor, e sortearanse unha quincena de exemplares do dito libro.
Trátase da segunda homenaxe que lle realiza o Concello da Pobra do Caramiñal a este veciño trala presentación de Tiempos de Salazón y Conserva en A Pobra do Caramiñal, obra póstuma de Villoch, efectuada no mes de agosto. O acceso é libre ata completa-la cabida.

Outros artigos

Ambar organizou unhas Xornadas de Formación Xurídica

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, con sede principal en Frións (Ribeira) organizou unhas Xornadas deFormación Xurídica abertas á comunidade, ás que tamén asistiron familiares de persoas usuarias do centro e profesionais de Ambar. A actividade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Intentar definir el humorismo, es como pretender atravesar una mariposa, usando a manera de alfiler un poste telegráfico”. Así lo decía Enrique Jardiel Poncela, dramaturgo y novelista español, que a veces sabía muy bien lo que no quería saber. Es, diría yo, como...