Unha colisión entre un camión e un turismo en Mazaricos remata cun ferido evacuado en helicóptero

08 Setembro 2023

O condutor do turismo tivo que ser evacuado en aeronave ao Hospital Clínico de Santiago.

A colisión entre o turismo e un camión produciuse ás 15:30 horas desta tarde, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda.

Co fin de proporcionar a axuda necesaria, activáronse os protocolos correspondentes para a mobilización dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos Bombeiros do Xallas, membros do GES de Noia, voluntarios de Protección Civil de Mazaricos e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Finalmente, o ferido estaba liberado e accesible, pero necesita asistencia médica urxente, polo que a dotación sanitaria acudiu a bordo do helicóptero con base en Santiago.

Neste recurso trasladouse o doente ao Hospital Clínico de Santiago.

A colisión tivo lugar na AC-441, ao paso pola parroquia de Antes, na estrada de Muxía a Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...