“Un fachuzo para o camiño real en noites de estrelas”. Antón Luaces

12 Setembro 2023

As novas xeracións de galegos, apegadas como están á pantalla das tablet e dos teléfonos móviles e das computadoras, posiblemente non  saiban do mundo que perderon por non ter nacido antes e vivir, como vivimos nós, os maiores -para algúns ”os vellos”-circunstancias irrepetibles como as de sentar ao pé dun palleiro e contemplar os millóns de puntiños brilantes que latexaban na inmensidade do ceo sobre o couto da Miranda, en Cariño. Ou deitado, xa noite, na praia de Area de Secada, en Ribeira, escoitando as ondas ao se deitar ao pé das rochas e a escasos metros das paredes de pedra da antiga salga, e recreándote na inmensidade do ceo da ría de Arousa acugulado de estrelas.

Sei que todas esas estrelas están ahí, vixiantes permanentes dese mundo que a xente moza non pode sentir, hoxe, en toda a súa extensión; pero do mesmo xeito que os vagalumes seguen nos valos sen que se podan ver pola contaminación lumínica, tamén as estrelas semellan agocharse no infindo para os nosos fillos e netos.

Obviamente non é culpa dos integrantes desas xeracións. E, en certa medida, nen sequera sei se podo dicir en boa lei que existen culpables de que os moitos galegos de menos de 55 anos que nunca na súa vida viron en Galicia un ceo callado de estrelas, sexan conscientes de que coñecer esa imaxe que digo só polos medios antes citados -móbiles, computadoras ou tablets- sexa unha perda porque nada está perdido. Ahí segue, coma pendurada do ceo, puntiño a puntiño, esa reañodade. Mais temos que adiviñala porque non a vemos, como tampouco vemos a luz oscilante dos fachuzos de palla cos que alumeabamos o noso camiñar polos carreiros e camiños de aldeas e pobos dunha Galicia na que se escoitaba de día o canto do cuco e, pola noite, o ouvear do golpe nas rochas dos Túneles e as reviravoltas da Garita ao outro lado do mundo da Curota ou o Pindo.

Imposible recuperar esas imaxes, por moito que as poidamos contemplar nas devanditas pantallas. É como querer reproducir o recendo dunha colleita de froita -pexegos, peras, mazáns, claudias, cirigolas…- amoreadas no faiado para encher de mil cheiros cada curruncho da vella casa de pedra.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.