Significativo aumento de peregrinos percorrendo este verán o itinerario xacobeo da ría de Muros e Noia

19 Setembro 2023

As entidades que integran a Asociación Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia fixeron balance dos éxitos acadados este verán en materia de visitas, percorridos, participación e impresións deixadas nas canles de comunicación e nas redes acerca da comarca. Segundo sinalaron, nestes meses estivais rexistrouse un significativo incremento no número de peregrinos que escollen esta ruta, que visitan a comarca especialmente en grandes grupos organizados e procedentes de distintos puntos de España. Uns visitantes, sinalan, “que destacan a calidade da experiencia como o aspecto diferencial desta ruta de peregrinación con respecto a outros Camiños oficiais”.

Visita ao centro histórico de Noia

En palabras de Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame e presidenta da dita asociación, “estamos rexistrando comentarios moi bos por parte das persoas que nos visitan e son moitos os que anuncian a súa volta ben con outros grupos, ben para descubrir outros tesouros da nosa ría de Muros Noia”.

É o caso, lembra a rexedora, dun grupo organizado procedente de Ronquillo (Sevilla), que “quedou namorado das paisaxes da comarca o pasado mes de agosto, especialmente da Fervenza de Toxosoutos (Lousame)”, e que, segundo avanza Villaverde, “xa anunciaron que organizarán unha segunda visita o ano que vén, posiblemente acompañados por un grupo de marcha nórdica sevillano”.

Visita ao mosteiro de Toxosoutos en Lousame

Outro exemplo foi a visita dun grupo de 25 autocaravanas da sección de A Coruña do Caravaning Club Galicia, que fixeron a súa peregrinación a principios de setembro e que xa anunciaron o seu interese pola versión do Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia. “O boca a orella está sendo un dos principais medios de difusión do noso Camiño e do conxunto da oferta turística do xeodestino”, apunta Villaverde Pais, que engade que “o peregrino que realiza o Camiño a Santiago pola ría está máis pendente de desfrutar do propio itinerario e das riquezas gastronómicas, paisaxísticas e culturais que ten que ofrecer cada localidade, que da chegada a Compostela e a obtención dun documento acreditativo”.

Visita ás minas de San Finx en Lousame

De feito, explica, son maioría as persoas que non piden documentación ou credencial algunha e prefiren desfrutar da experiencia, moitos deles incluso adaptando a lonxitude e a duración das etapas aos seus gustos e intereses. “O que máis nos satisfai é que todas as persoas destacan o atractivo do Camiño e as espectaculares paisaxes polas que atravesa, o que referenda o bo traballo conxunto realizado por todos os municipios que compoñen a Asociación de Concellos do Camiño a Santiago pola ría de Muros Noia á hora de delimitar o trazado desta ruta xacobea”, sinala Teresa Villaverde.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...