Santanas, Mauritania e Fixius lideran a Regata Alca a falta de dúas probas

25 Setembro 2023

A deste sábado 23 de setembro na ría de Arousa non presaxiaba unha boa xornada para a disputa da segunda etapa da Regata Alca, as miradas dos patróns cravábanse no espello que parecía a ría e a única esperanza eran algúns partes meteorolóxicos que predicían a entrada dun vento do sur (suroeste, duns 7 – 8 nós a partir das 14.00, hora prevista para a saída).

O Santanas, segundos antes de cruzar a liña de meta

Finalmente, as predicións fixéronse realidade e o vento de bocana que anunciaban entrou, cun lixeiro atraso de 20 minutos o comité de regatas deu a saída, coa frota disposta a realizar o típico percorrido con desmarque e paso obrigado pola Illa de Rúa, para finalizar nas inmediacións da Ostreira.

Con estas condicións os favoritos empezaron a ensinar a popa aos seus rivais e as unidades máis rápidas empezaron a poñer metros polo medio, o Santanas, do RCR Galicia, mostraba o seu impoñente spi dos Peperetes na liña de chegada e impoñíase en tempo real e en compensado sobre os seus perseguidores e deixaba o segundo caixón do podium para o ata o de agora líder Ziralla, do Ro Yacht Club. Terceiro unha xornada máis nesta rifada clase para o Chispetrén do Club Náutico Arousa Norte, organizador da proba.

Ziralla, de Ramon Barreiro, segundo na clase ORC A

En ORC B, unha semana máis, absoluto dominio do Mauritania de Ángel Romasanta, do Club Náutico Arousa Norte e na clase ORC C, outro pau no marcador do Fixius, que domina o seu grupo con man de ferro, segundo posto para o Orlando, que volveu gañar o seu duelo particular fronte ao ribeirense Galopín.

A seguinte proba da Regata Alca será o próximo 7 de outubro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.