Riveiro Coello presenta este venres “Hotel Carioca” no pazo de Goiáns

28 Setembro 2023

A Asociación Cultural Barbantia, a editorial Galaxia, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro organizan este venres 29 de setembro a presentación do novo libro do escritor limiao afincado na nosa comarca Antón Riveiro Coello, Hotel Carioca, gañadora do I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela. Ademais, de xeito complementario, darase a coñecer o suplemento número 187 do suplemento cultural A Voz de Barbantia elaborado pola dita asociación cultural e La Voz.

A dupla cita cultural desenvolverase este venres 29 de setembro ás 20.30 horas, no pazo de Goiáns, Boiro. Participarán María Xesús Blanco e Manuel Cartea (Barbantia), Marcos Calveiro (Galaxia) e Antón Riveiro Coello.

Hotel Carioca sitúanos no verán de 1982 durante os 13 anos de Helena, unha rapaza que entre outras dedicacións desenvolve o papel de lectora para a súa avoa, concretamente as cartas que lle chegan de Brasil da man do seu tío favorito, Leandro, até que un día chega unha misiva que dá unha viraxe á vida de Helena, que deberá asumir responsabilidades de escritora e de “construtora de realidades alternativas”.

Hotel Carioca é unha novela múltiple que contén outras novelas que van dende unha de formación a outra psicolóxica, pasando mesmo por unha policial. Cun estilo lírico, áxil e envolvente, Antón Riveiro aborda temas como a homosexualidade e a súa aceptación, os coidados, a eutanasia, a emigración, a amizade, a descuberta da sexualidade e, sobre todo, o fantástico e intuitivo mundo da creación artística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...