Ribeira celebra este 30 de setembro a XXIV edición da Carreira Popular de Santa Uxía

30 Setembro 2023

Este sábado celébrase a XXIV edición da Carreira Popular de Santa Uxía; que formará parte do IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, así como do VI Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa.O evento celebrarase a partir das 17.00 horas.

A proba absoluta disputarase sobre unha distancia de 10 quilómetros. Poderán participar atletas federados e non federados; e as probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Complexo Deportivo de A Fieiteira e o Centro de Raqueta Sta Uxía (praia de Coroso), así como tamén servizo de gardarroupa na Oficina de Turismo.

O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, e Moncho Sampedro, da Asociación de Veciños de Carreira, presentaron o xoves 21 de setembro a carreira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.