A concelleira de Cultura, Antía Alberte, o concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta e Puri Cores, Mari Carmen Vardavila e Juana Ermitas, da asociación Amas de Casa, presentaron hoxe a Ruada do Traxe Galego , que se desenvolverá o sábado 9 consolidándose dentro do calendario das festas na honra de
Santa Uxía.
A actividade arrancará as 17:30 cun percorrido animado co grupo de música tradicional Tahume que sairá do Auditorio Municipal ata chegar á praza do Concello; onde terá lugar o desfile de traxes tradicionais.
Dende Amas de Casa animan aos veciños e veciñas a vestirse o vindeiro sábado con traxes tradicionais. Haberá ademais un mercadiño de artesanía na rúa Rosalía de Castro.




