Ribeira adxudica o saneamento de Campelos (Olveira)

21 Setembro 2023

O concello de Ribeira adxudicou hoxe a obra para o saneamento de Campelos (Olveira) cun presuposto de licitación de 216.055,11 euros. No lugar de Campelos, na parroquia de Olveira, non existe actualmente rede de saneamento. Para proporcionar este servizo á veciñanza da zona proxectouse a instalación de 1.295,00 metros de colector e un bombeo que impulsará as augas ata a súa conexión coa rede xeral.
O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipais e a obra executarase nun prazo de 5 meses. “Dende o Concello seguiremos a traballar para adecuar o saneamento de tódalas parroquias e garantir a saúde de toda a veciñanza. Unha rede de saneamento ben deseñada contribúe tamén á protección do medioambiente, xa que reduce a contaminación do solo” explicou o alcalde Luís Pérez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.