Rianxo conseguiu incrementar o fluxo de turistas que visitan o concello nun 54%

21 Setembro 2023

O Concello de Rianxo fixo balance da súa actividade turística nesta tempada alta do verán que vimos de deixar atrás. No reconto faise saber que dende mediados de xuño atendéronse nos puntos de información turística do termo municipal un total de 6.232 persoas. “Esta cifra supón un aumento do 54% con respecto ao ano rexistrado no 2022”, sinalou o Concello no seu informe, engadindo que a maioría das persoas que visitan Rianxo proceden de outros puntos da Península Ibérica, aínda que tamén destacan os visitantes procedentes de Francia, Reino Unido e Italia.

Destaca o aumento de peregrinos que nos últimos meses realizaron o Camiño de Santiago A Orixe, o cal atravesa a Mancomunidade Barbanza Arousa (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira). Rexistráronse un total de 483 peregrinos procedentes sobre todo do sur de España, así como de Francia e Italia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.