Reabre en Ribeira, vinteun anos despois, o “Nordeste”como xamonería e cafetería

22 Setembro 2023

Tralo peche en marzo de 2022 a histórica “Cafetería Nordeste” ubicada na ribeirense Rúa Galicia, reabre as súas portas da man de Lorenzo Novo, fillo de Antonio Novo Salgado e sobrino de Pepe Novo Salgado, os responsables do histórico establecemento do que se fixeran cargo en 1964.

O Nordeste era un dos establecementos máis emblemáticos de Ribeira durante décadas, foi dos primeiros bares en contar con televisión o que facía que fora lugar obrigatorio para velas series de televisión como “Bonanza” ou “Los Intocables de Eliot Ness”.

Moitos veciños lembran con agarimo o vello establecemento lugar de encontro para seguir deportes e que cando a única cadea de Tv existente na época, transmitía encontros desde outra parte do mundo abría de madrugada.

Nos últimos anos antes do seu peche a principios deste século o Nordeste era a “Casa dos cóctel” da que o mestre era Antonio, autor de varios libros usado para ensino. Moitos veciños lembran aínda o gaseado ou o tiro, dúas das bebidas de referencia.

O establecemento que foi inaugurado este xoves abriu o público a xornada do venres con gran afluencia de veciños e nostálxicos do vello Nordeste. Os nosos mellores desexos para a nova traxectoria do “Nordeste Xamonería” dirixida por Lorenzo Novo que seguro manterá o éxito da Xamonería O´Tear que durante anos dirixiu no “Callejón de Sinda”.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.