“Os tres “F” previos a unha investidura fallida”. Antón Luaces

24 Setembro 2023

Cumprir anos permítenos aos vellos rescatar do fondo da memoria experiencias que non sempre gardan as computadoras, construídas como están para daren conta de asuntos que alguén introduciu na súa estrutura co obxectivo de respostar a algo concreto. E non é, non, intelixencia artificial como algúns intúen nas redes sociais para regodeo de propios e estranos en relación á concentración deste domingo en Madrid.

Se foron 65.000 os achegados á capital de España procedentes de distintss poboacións da península, ou 40.000 como afirma a delegación do Goberno en Madrid, para o caso non ten maior importancia. Importa, sí, saber que pretendía ser esa concentración na que o expresidente popular José María Aznar apelóu á Constitución para, en boa medida, expresar o seu rexeitamento a unha presunta aprobación polo PSOE dunha amnistía para os implicados no que algúns cualifican de “golpe de estado” levado a cabo pola Generalitat de Cataluña, co apoio de distintas forzas independentistas, en tempos de Mariano Rajoy como presidente do Goberno, na percura da súa independencia de España.

Consecuencia de todo isto foi a aplicación posterior aos feitos do artigo 155 da Constitución Española, polo que os considerados responsables deses actos foron condeados a prisión  e posteriormente indultados.

Con estes antecedentes, o PP mobilizou aos seus militantes e a todos aqueles que non concordan coa posible formulación dunha amnistía para aqueles que xa foran indultados.

Na concentración de Madrid, o presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijoo (moitos concentrados exhibían pancartas coa lenda Feijo Fijo, suprimindo unha “o” ao seu primeiro apelido) referíuse a que “a historia no vai ser benévola con aqueles que agora creban o alicerce moral e político da nosa convivencia”, completando posteriormente o expresidente Aznar cunha frase rotunda: “Nós sabemos onde imos estar: onde sempre estivemos, na Constitución, coa unidade de España, co respecto á lei e ás institucións”.

Sempre, señor Aznar?.

Imos ver: o texto da Constitución de 1978 foi aprobado cos votos de UCD, PSOE e AP (hoxe PP). Máis só 8 dos deputados de AP votaron a favor xa que logo 5 votaron en contra e 3 abstivéronse. Polo tanto, voto a favor, pero con matices. Sí votaron a prol, sen embargo, no referéndum.

En relación coa pretendida amnistía, fontes do PSOE oficial (non Felipe González nen Alfonso Guerra) matizan asimesmo a tamén criticada condición de Junts para dar o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez: non é tal, senon unha “consulta”. Do que se consulte e o valor de tal consulta só falan Junts e Carles Puigdemont, “fuxido da Xustiza”, como recalcan o PP e VOX.

A concentración en Madrid -con desprazamento de centos de autobuses supostamente alugados polo PP- repite a medida posta en práctica por tres galegos: Franco (xefe do Estado pola G. de Deus), Fraga (presidente nacional de AP e da Xunta de Galicia) en concentracións convocadas durante os seus mandados, e agora Feijoo.

Tres “efes” doutros tantos galegos coa mesma fin: concentrar aos seus seguidores para reafirmar algo emanado da organización. Nesta ocasión a só dous días da sesión de investidura de Núñez Feijoo como presidente do Goberno, unha cuestión que a priori non sería posible dados os escasos apoios acadados por Feijoo.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.