Os maiores de Rianxo poderán beneficiarse dos servizo de Coidados Porta a Porta a partir do 26 de setembro

20 Setembro 2023

O concello de Rianxo vai acoller este mes de setembro unha das paradas da unidade móbil da iniciativa itinerante Coidados Porta a Porta, impulsado pola Xunta para levar, de xeito gratuíto, servizos de podoloxía, revisión auditiva e estimulación da memoria para maiores de 55 anos. Situárase na praza de Castelo.

Para poder recibir atención as persoas interesadas deberán pedir cita previa nos teléfonos 622 748 283 e 623 546992.

A unidade móbil recalará en Rianxo o 26 de setembro e ficará na vila até o día 29.

Máis polo miúdo, este programa permitirá que as persoas maiores de Rianxo poidan realizar unha revisión e valoración da súa audición; acceder a un servizo de atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; ou realizar de probas de valoración cognitiva e exercicios de estimulación para a prevención de enfermidades neurodexenerativas coma o alzhéimer.

Para gozar destes servizos as persoas interesadas deben concertar cita previa a través dos teléfonos 622 748 283 – 623 546 992. Tamén a través da conta de correo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.