“Os Coira” – Xulio Xiz

27 Setembro 2023

Somos peripatéticos os que camiñamos porque seica Aristóteles paseaba mentres ensinaba. Eu son da xente que camiña por obriga ou devoción, e porque proclamaba Machado que “se fai camiño ao andar”. E amo tres camiños, que aconsello a quen queira rutas diferentes, ao alcance de xente con máis de cinco sentidos.

Un en Begonte, en construción, o Camiño ao Belén pasando por todas as parroquias, marcado por esculturas de César Lorenzana que levna ao camiñante cara o Belén. Hai cinco; faltan catorce. Outro, o Paseo dos Soños, á beira do río, en Vilalba, onde os Coira teñen monólito para evidenciar o seu posto de relevancia na cultura de Galicia.

Foto de Marcos López para Viva Lugo

E o terceiro en Lugo, Parque da Milagrosa, Paseo do Cine onde desde o sábado hai unha placa na honra dos Coira do cine, revolucionarios, cineastas senlleiros, aos que a placa proclama inmorrentes, grandes, sinxelos, impresdindibles, aínda que eles non sexan conscientes da súa grandeza social. Dicía Pepe Coira que homenaxealos por algo co que desfrutan, soáballe raro. Que se aínda lles custase moito traballo e sacrificios podería entenderse, pero co que desfrutan co cine estráñalles recibir homenaxes.

Foto de Marcos López para Viva Lugo

Os Coira son catro de ciencias e tres de letras; deles, dous do cine, Pepe e Jorge. Ao ser setembro, en Lugo, o mes do cine desde hai corenta e catro anos, a cidade mirou para os Coira, desfrutou e enriqueceuse con eles, e díxollelo moi claro. Para que digan que Lugo é frío!. Quéntase cos temas e a xente que merece calor. E os Coira recibiron o agarimo caloroso que merecen os que están no Olimpo pero saben beber – Machado dixit – o viño das tabernas. E vir a Lugo na súa Semana de cine, da que confesan ter bebido, e especialmente vivido. Longa vida, Coiras de cine!.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.