O teatro musical incorpórase á oferta formativa cultural da Pobra neste curso 2023-2024

15 Setembro 2023

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal presentou a oferta formativa municipal para o outono, o inverno e a primavera, que se estrutura en pintura, baile e música, á cal se lle incorpora o teatro musical no curso 2023-2024.

“A maiores da axenda que lanzamos para estes meses, ben sexa o propio Concello ou en colaboración co tecido asociativo, apostamos por involucra–la sociedade dende outra perspectiva: que non asuma unicamente o papel de público nos espectáculos, senón que tamén se converta en axente dinamizador. Por todo isto, decidimos incorporarlle as clases de teatro musical ao programa cultural habitual e ofrecer así novas disciplinas para explorar”, detallou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, acompañada de parte do profesorado: Loida Fernández e Tania Fuegho polo teatro musical, Brais Betanzos pola escola de música e Aida López pola pintura.

Todas estas sesións comezarán en outubro e o prazo de matrícula xa está aberto, agás para a música, que se fará efectivo no 20 de setembro.

O teatro musical será aos mércores, de 19.00 a 20.00 horas, a cargo de Loida Fernández, na interpretación, e Tania Fuegho, no canto e baile; ámbalas dúas son integrantes de Mimarte. Haberá para alumnado infantil, xuvenil e adulto. As inscricións realizaranse no teléfono de contacto 672661789 ou no enderezo electrónico infomusicateatro@gmail.com.

A introdución ao mundo da arte virá da man dos obradoiros de pintura. Paola García impartirá os talleres dirixidos a persoas adultas aos xoves ou venres, de 10.00 a 12.00 horas, mentres que Aida López se encargará dos do público infantil, aos xoves, en horario de 17.30 a 19.30 horas. Será preciso anotarse a través do Departamento da Cultura, situado na casa da cultura Raquel Fernández Soler, ou no teléfono de contacto 981831545.

Tocará mover o corpo ao ritmo do baile aos venres con El TomaSON. Para as crianzas será dende as 17.30 ata as 18.30 horas e as persoas adultas teñen á disposición o tramo de 20.00 a 21.00 horas. Habilítase o teléfono de contacto 689569224.

E a Asociación Cultural ESMU A Pobra bota a anda-lo curso coa aprendizaxe musical con numerosos instrumentos e leccións dirixidas dende o público infantil ata os/as adultos/as. Habilítanse as aulas individuais, banda xuvenil, grupos tipo combos e coro moderno. Os horarios dependerán das materias elixidas. Tramitarase a matrícula nos teléfonos de contacto 636342485 ou 616901276.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.