O Seprona de Noia investiga a norte por disparos de gando equino na Serra do Barbanza

25 Setembro 2023

Son catro os équidos localizados ata o de agora, mortos a tiros na Serra do Barbanza, por membros da unidade do SEPRONA de Noia, segundo informou a este xornal o servizo de Prensa da Garda Civil da Coruña. A mesma unidade do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) confirmou que o propietario dos animais mortos denunciou que son seis as égoas e unha poldra as abatidas a tiros. A día de hoxe, mantense aberta a investigación para dar co autor ou autores desta matanza de bestas de pura raza galega que pastorean tradicionalmente en liberdade nas montañas da serra barbanzana conformada polos concellos de Boiro, A Pobra e Porto do Son.

Ao mesmo tempo trabállase na estración dos proxectís que puxeron fin ás vidas dos catro equinos, co obxectivo de poder determinar que tipo de arma ou armas foron empregados nesta matanza que o propietario dos animais, Manuel Blanco, estimou inicialmente en oito égoas (dúas delas ao parecer propiedade da Comunidade de Montes de Baroña) e un poldro (que ben podería ser a poldra atopada da que informa o servizo  de prensa da Garda Civil).

Os propietarios da manda de cabalos non atopan unha explicación lóxica ao acontecido, por canto os cabalos nos entraran en leiras de propiedade privada e alí onde foron abatidos polos disparos -dous e tres nalgúns casos- era o territorio no que decote alindaban. Tampouco existen liortas polas propiedades e desavinzas entre titulares de terras e comuneiros de montes ou propietarios dos animais que pastorean libremente e que, en caso de traspasaren a terras privadas, sempre houbo un entedemento entre as partes para lle dar saída aos amaños porque as bestas están dotadas de chips que permiten localizar aos seus donos e atender as reclamacións a que houbera lugar.

Un cazador foi quen trasladou aos amos do gando, o xoves, o achado dos cadáveres destes animais de pura raza galega actualmente en perigo de extinción e que se pretende recuperar. Este é un dos motivos polos que se intensifica a busca dos catro poldros desaparecidos, crías que poderían contribuir en boa medida ao mantemente desa raza cabalar que tanto beneficio leva dadp aos gandeiros da comarca.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.