“O porto da Coruña calcula recibir este ano 300.000 cruceiristas” – Antón Luaces

08 Setembro 2023

Antes de que remate este ano e coa previsión de que entre en funcionamento durante 2024, a autoridade portuaria da Coruña proxecta instalar no peirao de trasatlánticos o sistema OPS (Onshore Power Supply) que permitirá dotar de subministro eléctrico aos buques, de xeito que estes poidan apagar os seus motores auxiliares durante a sùa estadía no porto.

As obras comezarán antes de fin de ano, co que o peirao será un dos primeiros de España en brindar este servizo que, cada vez máis, é demandado polas navieiras, centro da aposta que emprendeu a industria cruceiristica pola sustentabilidade.

O porto da Coruña, segundo datos dos seus responsables, quintuplicou nos últimos anos a afluencia de cruceiristas, pasando dos 54.000 pasaxeiros (recibidos no ano 2009) aos perto de 300.000 que se esperan este ano.

É o primeiro porto de cruceiros de toda a cornixa cántabro-atlántica, desde Lisboa ata a Bretaña francesa, cun retorno anual á cidade de 25 millóns de euros, en cifras estimadas polo propio sector.

Precisamente este mes de setembro vai baterse o récord histórico mensual de escalas, cun total de 26. Desde primeiros deste ano foron recibidos 81 buques e máis de 200.000 pasaxeiros, e son agardados outros 65 ata final de ano, cifras que se van manter e mesmo incrementar nos vindeiros anos, cos importantes beneficios que isto supón para os sectores turístico e comercial da capital provincial da Coruña.

As cifras e as previsións en relación co movemento portuario na Coruña desde a posta en marcha das instalacións de Langosteira, finalmente se superan con creces e a expensas, agora, da instalación no porto exterior de novas empresas que, malia todo, compre recoñecer que moi poucos agardaban e que, presumiblemente, darán sentido a unha obras faraónicas nas que -todo hai que dicilo- só a autoridade portuaria cría.

Oxalá nos equivoquemos os que agoirabamos outros resultados tanto nunha coma noutra rada.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...