O pleno da Pobra deste 28 sáldase con oito propostas aprobadas

29 Setembro 2023

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada deste xoves 28 de setembro, a partir das 21.00 horas, a sesión ordinaria do pleno da Corporación.

A orde completa do día foi a que figura a seguir:

1. Proposta da alcaldía relativa ao nomeamento de suplente no GALP. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).

2. Proposta da alcaldía relativa ao respecto institucional. Denegada a retirada do punto a petición do PP ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP). Aprobada a proposta con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

3. Aprobación do crédito extraordinario 02/2023. Aprobada por unanimidade.

4. Aprobación do suplemento de crédito 01/2023. Aprobada por unanimidade.

5. Aprobación do POS+2023 adicional. Gasto corrente. Aprobada por unanimidade.

6. Moción do grupo municipal do BNG relativa á descarga de túnidos no porto da Pobra do Caramiñal. Aprobada por unanimidade.

7. Moción do grupo municipal do PP relativa ao rexeitamento dunha posíbel lei de amnistía. Aprobada con 7 votos a favor (PP e VIxP) e 6 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

8. Moción do grupo municipal do PP relativa á renuncia á execución de determinadas obras do POS+2018 e POS+2019. Denegada co voto en calidade do alcalde ao contar con 6 votos a favor (PP), 6 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 1 abstención (VIxP).

9. Moción do grupo municipal do PP relativa á instalación de rede de abastecemento de auga para consumo nas Carrouchas e Rosende. Aprobada por unanimidade.

Debido á finalización da xornada, non se puido abordar a segunda parte do pleno relativa ao control de órganos do goberno (decretos da alcaldía, informes da alcaldía, mocións de urxencia e rogos e preguntas).

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.