O Museo do Gravado de Artes inaugura o 6 de outubro as mostras “A imitación de Cristo de Thomas Kempis, 1651” e “A Oca dos Artistas”

29 Setembro 2023

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) inaugura o vindeiro 6 de outubro as exposicións A imitación de Cristo de Thomas Kempis, 1651 e A Oca dos Artistas. Será o vindeiro venres ás 20.00 horas no Museo do Gravado e contarase coa presenza do alcalde de Ribeira e presidente da Fundación Museo do Gravado de Artes, Luís Pérez Barral, e do director do Museo, Xoán Pastor Rodríguez. A mostra poderá visitarse até o 9 de novembro.

A imitación de Cristo de Tomás A. Kempis é unha exposición que amosa os gravados da tradución de Pierre Corneille (dramaturgo e académico francés, 1606-1684). Expóñense 57 augafortes orixinais de 1651 dos gravadores franceses H. David, Duclos e R. Dudot.

A imitación de Cristo ou De imitationes Crhisti, de Thomas A. Kempis é un dos libros espirituais cristiáns máis lidos que existen. Foi publicado por primeira vez de xeito anónimo en latín, arredor de 1418. Propuxéronse varios autores, pero a autoría de Kempis agora está xeralmente aceptada. A imitación de Cristo está considerada a perla de todos os escritos da escola mística xermano-holandesa dos séculos XIV e XV e, xunto coas Confesións de S. Agustín e o’0000 Pilgrim’s Progress de John Bunyan ocupa un lugar destacado, senón o principal, entre os manuais de devoción, despois da Biblia. O número de edicións contabilizadas superan as 2.000 e o Museo Británico conserva 1.000 edicións diferentes. Unha das primeiras traducións do latín ao francés fíxose xa en 1447 de xeito manuscrito. As primeiras copias impresas en francés apareceron en Toulousse en 1488. A tradución alemá máis antiga foi realizada en 1434 por J. de Bellorivo e consérvase en Colonia. As edicións en alemán comezaron en Augsburgo en 1486. A primeira tradución ao inglés en 1502. Apareceron traducións en italiano (Venecia, 1488; Milán, 1489), español (Sevilla, 1536), árabe (Roma, 1663), armenio (Roma, 1674), hebreo (Frankfort, 1837) e outros moitos idiomas.

A imitación de Cristo colle este título do primeiro libro De imitatione Christi et contemptu omnium vanitatum mundi. Consta de catro libros e parece ter sido escrito en métrica e rima, feito anunciado por vez primeira por K. Hirsche en 1874. A obra é un manual de devoción destinado a axudar á alma na súa comuñón con Deus e na procura da santidade. As súas preces son declaracións, non argumentos, e están entoadas na clave máis alta da experiencia cristiá. Era un libro destinado a monásticos e reclusos. Detrás e dentro de todas as súas reflexións corre o consello da renuncia a si mesmo. A vida de Cristo preséntase como o estudo máis elevado posíbel para un mortal. O libro dá consellos para ler as Escrituras, declaracións sobre os usos da adversidade, consellos para a submisión á autoridade, advertencias contra a tentación e como resistila, reflexións sobre a morte e o xuízo, meditacións sobre a oblación de Cristo e amonestacións para fuxir das vaidades do mundo. Cristo mesmo é máis que toda a sabidoría das escolas e eleva a mente para percibir máis da verdade eterna nun momento de tempo do que un estudante podería aprender na escolas en dez anos.

A oca dos artistas é unha serie de gravado contemporáneo español. Consta de 64 gravados realizados por 64 artistas de todo o panorama artístico nacional, ademais de conter música e poesía. Entre estes artistas está a pontevedresa Yolanda Carbajales e o noiés Alfonso Costa Beiro, dous colaboradores habituais do Museo do Gravado. Este cartafol foi realizado no ano 2009 expresamente para recadar fondos para a fundación Vicente Ferrer. Foi exposta, entre outros lugares na Biblioteca Nacional e museos a nivel nacional.

Outros artigos

O Concello de Ribeira xa dispón do seu propio bastón

Entrega do bastón de mando (imaxes de José Manuel Martínez, Concello de Ribeira) Na maña do pasado 14 de xuño celebrouse a xunta de coordinación ordinaria no Concello de Ribeira, unha xuntanza que rematou dun xeito que tivo pouco de ordinario: coa estrea oficial, no...

+

Ribeira homenaxea este martes á actriz Susana Sampedro

Este martes 25 de xuño o Concello, a Corporación e a cidadanía de Ribeira van render homenaxe á actriz local Susana Sampedro (Ribeira, 1978), recentemente distinguida co Premio Mestre Mateo 2024 á mellor actriz de reparto na longametraxe Matria, de Álvaro Gago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....