O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou este venres 1 de setembro o campamento de verán Agarimos para nenos en acollemento, que se desenvolve no concello de Boiro e organiza Acougo (Asociación Galega de Familias de Acollida).
A estadía ten lugar no Campamento Xuvenil Espiñeira, da Xunta de Galicia, e deu comezo o pasado día 26 de agosto e finaliza o día 3 de setembro. Ademais, neste campamento participan persoas voluntarias que se aseguran de ofrecer un ambiente acolledor, divertido e de lecer. O director xeral fixo fincapé na importancia do acollemento para garantir que todos os nenos teñan acceso a un fogar que os coide.




