O Concello do Son mellora a seguridade en Xuño e acondiciona os patios dos colexios

08 Setembro 2023

O Concello de Porto de Son intensificou os traballos, neste remate de verán, pola mellora de infraestruturas, accesos e servizos, facendo fincapé na posta a punto dos colexios das parroquias e da accesibilidade nos núcleos de poboación.

Por exemplo houbo traballos en Queiruga (para mellorar o estado do Campo de Fútbol de Gourís), en Outeiro (Porto do Son) e en Xuño (poñendo o foco nas beirarrúas co fin de aumentar a accesibilidade e a seguridade de peóns e condutores). Tamén, con vistas ao inicio do curso escolar (a semana que vén) fíxose fincapé nos colexios e en acondicionar os patios e os xardíns de recreo.

–Acondicionamento en Queiruga do Campo de Fútbol de Gourís e dos accesos da súa contorna

–Acondicionamento dos xardíns, exteriores e contornas dos colexios dos distintos núcleos do termo municipal.

–Acondicionamento dos accesos ao Outeiro, en Porto do Son

–Acondicionamento de beirarrúas na parroquia de Xuño.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.