O Concello de Ribeira habilita unha praia canina en Couso (Aguiño)

29 Setembro 2023

A concelleira de Medio Ambiente de Ribeira, Antía Alberte e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, inauguraron este venres 29 de setembro a praia canina de Couso: un espazo de lecer para as mascotas no que facer compatíbel a súa liberdade coa conservación do medio natural e de especies en risco como a píllara das dunas, por exemplo.

Os edís comentaron que dende o 15 de xullo ata o 15 de marzo permitirase durante todo o día o acceso á praia con cans, tendo en conta as restricións que dispón o Plan de Protección da Píllara, ave que aniña nesa zona.

A concelleira de Medio Ambiente recalcou que a permisión de cans no areal de Couso “trátase dunha proba” e que tamén se están a estudar outros areais ribeirenses, aínda que “moitos deles teñen boa parte da súa superficie incluída dentro do Plan de Conservación da Píllara das Dunas en Galicia”. Asemade, dende o Concello sinalan que os donos dos animais terán a obriga legal de recoller os excrementos que depositen nas vías e espazos públicos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.