O Concello de Outes achega nos centros sociais das parroquias ducias de obradoiros creativos

13 Setembro 2023

O Concello de Outes compartiu nas redes o programa actividades para a cidadanía que se impartirán nos distintos centros sociais (Centro Social da Serra, Centro Sociocultural de Cando, Colexio de Cruceiro de Roo, Centro Sociocultural da Vila do Monte, Centro Sociocultural de San Cosme, Centro Sociocultural de San Lourenzo e Club Náutico do Freixo) entre os meses de outubro e xaneiro. Será unha completa axenda de obradoiros cuadrimestrais.

No caso do Centro Social da Serra, haberá obradoiros de bailoterapia, ioga terapéutico, patchwork, memoria, cestería, coiro, ximnasia terapéutica, gancho (crochet), vainicas e bordado e corte e confección.

No Centro Sociocultural de Cando están programados talleres de memoria, pilates e bailoterapia.

No Colexio de Cruceiro de Roo celebrarase un obradoiro de ioga terapéutico.

No Centro de Vila do Monte desenvolveranse talleres de memoria, de pilates e de bailoterapia.

No Centro Sociocultural de San Cosme celebrarase un taller de bailoterapia e no de San Lourenzo de memoria, de pilates e de bailoterapia. Tamén haberá un obradoiro de pilates no Náutico do Freixo.
Máis información sobre estas actividades no 981 850 575.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.