O Concello de Boiro promove un obradoiro de dermocosmética o domingo 8 de outubro

28 Setembro 2023

O Concello de Boiro, xunto co Instituto de Herboloxía Sarela, organiza unha nova sesión do obradoiro de dermocosmética. A actividade terá lugar o vindeiro domingo 8 de outubro ás 10.30 horas no Centro de Formación de Espiñeira.

O obxectivo desta xornada é ofrecer un aprendizaxe sobre a pel e elaboración de cremas nutritivas para o coidado da mesma. “Xa se realizara unha sesión deste obradoiro e, debido á gran demanda que tivo, decidimos facer unha segunda sesión”, afirmou a concelleira de Medio Ambiente, Olga González.

As prazas son limitadas e as inscricións para participar poden facerse no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.