O Concello de Boiro convoca unha nova edición dos Distintivos Benestar Social

20 Setembro 2023

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Servizos Sociais, convoca unha nova edición do Distintivo Benestar Social, uns premios que teñen como finalidade recoñecer o traballo solidario e de voluntariado no municipio. A primeira edición realizouse no ano 2022 e este ano inclúese unha nova categoría, o galardón á Superación e o exemplo.

Entrega de galardóns na primeira edición do certame

O Distintivo Benestar Social do Concello de Boiro que celebra este ano a súa segunda edición nace da idea conxunta e da necesidade de agradecer o labor de persoas, entidades ou empresas que fan un traballo desinteresado á vez que se incentiva o voluntariado. Nesta edición vaise facer entrega dun total de seis galardóns: Entidade Social, Voluntariado, Sector Empresarial, Inclusión Social, Méritos Extraordinarios e Superación e Exemplo.

“Consolidamos estes distintivos, un recoñecemento público aos que traballan polos demais”, afirmou o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, quen recoñeceu que “non foi sinxelo escoller aos galardoados, o que pon de manifesto que Boiro é unha potencia deportiva, cultural e, cada vez máis, tamén social”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.