O CCG fai un chamamento a protexer Galicia do impacto dos cultivos de eucalipto

18 Setembro 2023

O Consello da Cultura Galega (CCG) fixo público na mañá deste luns 18 de setembro o informe Impacto no patrimonio natural e cultural dos cultivos forestais con especies de crecemento rápido, investigación na que se pon o foco na necesidade de frear o impacto que están a xerar as plantacións de eucalipto na paisaxe galega, transformada xa radicalmente nos seus elementos por mor deste tipo de prácticas. “É urxente fomentar as medidas de restauración ambiental e restitucións de hábitats” conclúe o documento, que confirma que “a xestión forestal baseada na produtividade está a destruír a diversidade e complexidade que caracteriza a paisaxe de Galicia”. Polo tanto, engádese, “establecer a obrigatoriedade de que os montes conten con documentos de ordenación ou procurar unha maior catalogación dos bens son algunhas das medidas que contempla”, sinálase.

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e a coordinadora da comisión que elaborou o documento, Rebeca Blanco-Rotea, presentaron o texto no que participaron seis especialistas de diferentes áreas durante dous anos. O informe xa está dispoñíbel para descarga desde o web da institución.

No informe dise que “a paisaxe de Galicia, tal e como a concibimos hoxe, está a sufrir un proceso de transformación marcada pola perda da biodiversidade e a uniformización”. Así, a superficie destinada a plantación de especies de crecemento rápido (eucalipto e piñeiro nomeadamente) incrementouse 53.000 hectáreas nunha década. Fíxoo a conta das áreas que anteriormente estaban ocupadas por masas de piñeiros ou mesturas de piñeiros (50%), áreas non cubertas por arborado (40%) e antes por frondosas (5%). A investigación engade que “aínda que estas cifras son do ano 2009, as últimas dispoñíbeis”, serven, porén, para albiscar “a magnitude dun problema que afecta principalmente a Galicia e Portugal que suman 1.480.000 hectáreas, á altura de 2021, mentres que no resto de países europeos apenas supón 100.000 hectáreas en conxunto”.

Tamén se fai saber que os cultivos forestais de eucaliptos teñen outros efectos: cambios no réxime hidrolóxico, dificultades na fertilidade do solo ou o risco de invasión de parcelas adxacentes… E, por suposto, perda de bosques nativos, especialmente de bosques de ribeira, carballeiras e bosques de encostas. “O monocultivo forestal é unha das causas principais, xunto co despoboamento, co abandono da actividade agraria, coa agricultura intensiva, que contribúen á degradación e a afectación dos valores culturais e naturais do país”, apúntase no documento, no que se insta a asumir a paisaxe e a súa protección, como criterio chave para a ordenación do territorio.

Entre as medidas para protexer a paisaxe da súa degradación pola expansión de plantacións de especies de crecemento rápido, a comisión propón desenvolver medidas en tres ámbitos. O primeiro, a nivel normativo, solicita a implementación definitiva da obriga de que os montes conten con documentos de ordenación; que se revisen as superficies mínimas de actuación que requiren avaliación de impacto ambiental e mellorar a transparencia de información básica (como coñecer o número de denuncias tramitadas e o seu desenvolvemento). Segundo, a nivel de xestión patrimonial, solicita un papel máis activo na catalogación dos bens por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural; que esta entidade emita informes específicos sobre a parcela a intervir e o ben patrimonial afectado e tamén establecer canles de colaboración entre os propietarios e comunidades de montes. Terceiro, en relación coa paisaxe como recurso socioeconómico, pide ter en conta documentos de axencias e organismos internacionais que subliñen a importancia da salvagarda do patrimonio.

Para a elaboración deste documento, o Consello da Cultura Galega constituíu unha comisión interdisciplinar coordinada por Rebeca Blanco-Rotea e integrada por especialistas de diferentes disciplinas: Paula Ballesteros Arias, Eduardo Corbelle Rico, Teresa Nieto Freire (coordinación técnica), Pablo Ramil Rego, Xosé Manuel Santos Solla e Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...