O alumnado de Tahume recibe formación sobre apicultura, emprendemento e empregabilidade

15 Setembro 2023

Este xoves 14 de setembro foi unha día completo de actividade para as persoas que están a participar no Obradoiro de Emprego Tahume, edición VIII, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para fomentar a formación laboral e a empregabilidade da cidadanía dos dos municipios. En primeiro lugar, puideron mergullarse no mundo da apicultura e na gastronomía vinculada ao mel da man de Beatriz Rios Cebreiros, técnica do Consello Regulador Mel de Galicia, que compartiu os seus coñecementos e a súa experiencia coas alumnas e alumnos de Tahume e tamén co profesorado, culminando cunha cata a charla sobre os beneficios e posibilidades do mel galego. En segundo lugar participaron nunha actividade formativa coa Fundación Ronsel, que lles mostrou as bases da empregabilidade, o emprendemento e os recursos existentes na nosa contorna xeográfica. De feito, a Fundación Ronsel é unha entidade con sedes na Coruña e Santiago que traballa “co obxectivo de facilitar a ocupabilidade das persoas”.

Como dixemos, o Obradoiro de Emprego Tahume vén da man dos Concellos de Porto do Son e Ribeira. As dúas especialidades activas da oitava edición de Tahume (aparellos de pesca, por unha banda, e cociña, pola outra) comezaron a súa andaina o pasado 3 de outubro, sendo a súa finalidade favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas dos dous municipios (Ribeira e Porto do Son) a través de formación especializada, avanzada e dunha índole marcadamente práctica, poñendo o foco na mocidade local. Un total de vinte alumnos e alumnas participan nesta convocatoria, unha edición dual con dúas especialidades distintas: por unha banda operacións básicas de cociña e pastelería e, pola outra, confección e montaxe de artes e aparellos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...