Noia Histórica sortea este venres os agasallos da campaña “Mercar no teu comercio ten premio”

21 Setembro 2023

A patronal noiesa (Noia Histórica) vai celebrar este venres 22 de setembro o sorteo dos agasallos da
campaña Mercar no teu comercio ten premio
. Será ás 19.00 horas, na alameda da Noia (fronte ao Concello) da localidade.

O evento final da campaña empezará ás 16.00 hs na mesma localización. Neste lugar, entre as 16.00 e as 19.00 hs, poderán trocarse os tíckets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña (do 15 ao 22 de setembro) por boletos para participar no sorteo en directo de 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.

Mercar no teu comercio ten premio é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso do CCA Noia Histórica.

A través desta iniciativa, todos os clientes de Noia que realizaran compras no comercio de proximidade asociado entre o 15 e o 22 de setembro, poden participar no sorteo en directo destes 1.000 euros en premios. Este sorteo contará coa presencia de representantes das entidades organizadoras, entre eles Miguel Agromayor, presidente Federación Comercio Coruña, Alba Expósito, presidenta Asociación CCA Noia Histórica, e José Pérez, concelleiro de Comercio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...