“Noia. De zoqueiros e pequenos estaleiros e músicos, a rescate marítimo”. Antón Luaces

30 Setembro 2023

Porto do Testal, Noia, onde os mariñeiros e mariscadores viven os vaivéns do mar ao igual que no barco viven sufrindo, padecendo e, ás veces, con pequenas alegrías como as que agora acumulan por un feito tan simple, tan sinxelo, como é saber que da Noia zoqueira e musical emana arestora unha solución que xa adoptaron para sí unha media ducia de países (e outros tantos que agardan a súa quenda) para se facer cunha minúscula embarcación -como quen levara o complemento dunha maleta- que pode salvar a vida dos mariñeiros por caída ao mar, naufraxio ou calquera outra circunstancia sobrevida.

Max Sistems, empresa noiesa, dispón do prototipo dunha embarcación de pequeno tamaño , non tripulada, que permite o rescate de vidas humanas en alto mar e a comunicación cos mariñeiros que, en condicións de mar estremas,  caeron á auga.

Trátase dunha embarcación singular non tripulada. A súa eslora non supera o 1,5 metros. Está dotada de cámaras, salvavidas e micrófonos e pode ser arriada ao mar desde os barcos de pesca cando algún dos tripulantes deste, caera ao mesmo por calquera motivo mesmo nas circunstancias menos favorables. A embarcación pode achegarse ao mariñeiro en perigo  permitindo o seu remolque mediante control remoto e proceder ao seu rescate sen necesidade de que outras persoas arrisquen as  vidas. 

Este prototipo da resposta, segundo a empresa fabricante, Max Nautics de Noia, á necesidade dos pesqueiros -como os cerqueiros, por exemplo- de poderen rescatar aos tripulates caídos á auga en momento no que o barco realiza tarefas de largado ou izado a bordo dos seus aparellos e non se pode mover.

Aquí foi onde comezou a se desenvolver a idea, posta en práctica por cerqueiros de Portosín coa pretensión de contribuir ao salvamento de vidas humanas e tamén de operacións de despregamento de barreiras anti-contaminación  en recintos portuarios afectados por verquidos de hidrocarburos.

Segundo a información ao respecto facilitada pola empresa, o control remoto da embarcación comeza -tanto en terra como no barco- mediante tablets  ou dispositivos que dispoñan do sistema Android. Deste xeito, as cámaras -dotadas de visión nocturna- permiten localizar á persoa no mar e achega a esta un chaleque salvavidas que, unha vez posto, facilitará o seu remolque ata o punto no que poda ser rescatado mediante  os motores eléctricos dos que dispón e que lle permiten xiros de ata 360 grados.

Dotado asimesmo dun micrófono, ten garantida a comunicación inmediata entre rescatador e rescatado, e este pode recibir instrucións a traves dos altofalantes  do barco e transmitir en tempo real  novas sobre o seu estado e posibles lesións sufridas.

Se ben é certo que a existen medios semellantes, o prototipo noiés  aporta novas e máis ampliadas prestacións pola súa autonomía e a posibilidade de poder traballar en condicións marítimas moi adversas, como se evidenciou durante os meses de proba levadas a cabo nun cerqueiro de Portosín, no que se desenvolveron simulacións de rescate en situación de alto mar con ata 30 nós de vento e 3 metros de altura de onda.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.