Morre unha moza de Boiro nun accidente de rally en León

02 Setembro 2023

A moza Bárbara Gómez, natural de Rianxo e veciña do municipio coruñés de Boiro, faleceu este sábado nun accidente cando participaba no II Rally Valle de Laciana, en Villablino, León.

O suceso tiña lugar ás 14:20 horas deste sábado na localidade lacianiega durante a celebración da sexta especial da competición. O coche no que viaxaban os dous pilotos galegos -e ambos de 29 anos- saíase da vía e impactaba contra o piar da cancilla da meta, segundo informaron desde o 112, quedando atrapados no interior do vehículo.

A escuadra Laciana Motor informou, nun comunicado, que o suceso tivo lugar durante a terceira etapa pasada o tramo de Leitariegos.

O piloto, Celestino Iglesias alias ‘Tini’, foi evacuado polos servizos médicos e “non corre perigo”. O circuíto suspendeuse coa neutralización do tramo en disputa e a cancelación das cinco especiais restantes.

Tanto a Escuadra Laciana Motor como o concello de Villablino emitiron un comunicado lamentando o suceso e trasladando as condolencias á familia e a todas as persoas que forman parte deste deporte.

Radio Bierzo León

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.