Medio Ambiente completa os labores de restauración ecolóxica da duna costeira de Corrubedo

05 Setembro 2023

A Consellería de Medio Ambiente informou do remate dos traballos dirixidos á restauración ecolóxica na contorna da duna costeira de Corrubedo, incluídos no proxecto que impulsou a comezos do ano 2022 para o control e erradicación de especies arbóreas colonizadoras neste espazo natural. “Tras 20 meses de traballo sobre o terreo e cun investimento de 0,5 millóns de euros, a actuación deuse por rematada a finais do pasado agosto e permitiu intervir sobre unha superficie de 163 hectáreas”, informaron fontes da Consellería.

Coincidindo coa finalización dos traballos, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, achegouse este martes 5 de setembro ao Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán para coñecer in situ o resultado dos traballos acometidos, traballos que tiveron en boa medida o cometido de “frear o avance do bosque de piñeiro e doutras especies co fin de protexer a integridade da duna”.

Así, a conselleira explicou que na actualidade as masas arbóreas están a ocupar espazos que orixinariamente formaban parte dos areais e do propio sistema dunar, alterando así o hábitat propio das dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (considerado de interese comunitario prioritario) ao impedir a mobilidade da area.

A tal fin, o ámbito de actuación dividiuse en varios polígonos para facilitar a execución e os labores consistiron, principalmente, na eliminación de pés de especies colonizadoras mediante corta, derramado, tronzado e retirada da madeira e doutros restos, e tamén se procedeu ao arrincado e roza manual de exemplares novos co fin de evitar danos na flora, impedir a incorporación de materia orgánica e reducir o risco de incendio.

O proxecto contou con financiamento europeo a través do NextGenerationEU, concretamente no marco da compoñente 4 reservada para iniciativas que incidan na conservación de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade.

Neste sentido, Ángeles Vázquez destacou o importe da intervención, “que acadou un nivel de execución do 100% e supón”, dixo, “un dos maiores investimentos realizados nun parque natural galego”. A intención da Xunta é repetir en vindeiras anualidades intervencións similares en Corrubedo, “en vista dos bos resultados acadados e da efectividade das medidas”, aclarou a titular de Medio Ambiente, que agradeceu o apoio e implicación da comunidade de montes da zona, que lle deu o seu “beneplácito” á intervención e que, tal e como lle trasladou a propia presidenta da entidade, quedou moi satisfeita co resultado xa que supón “un antes e un despois” para o turismo, para os científicos e investigadores e para a veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...