Lío cos festivos locais de Ribeira para o 2024. O sector empresarial ribeirense apoia a Patrona e o martes de entroido

22 Setembro 2023

O próximo pleno de Ribeira deberá decidir os festivos locais para o vinderio ano 2024. Tres propostas están sobre a mesa nestes momentos nas que ningunha delas parece ter a maioria suficiente para contentar a maioría.

Asi mentres o BNG e o Psoe propoñen martes de entroido e a dorna, o PBBI non ten claro a súa proposta e decidirá esta fin de semana si opta por propoñer o martes de entroido e a patrona. Mentres os populares decantanse pola patrona e a dorna.

Así as cousas parte do sector da hostalería integrada en hostalería.gal , que pidei poder intervir no pleno, apoia que sexa o martes de entroido e a dorna os festivos locais.

Desde a Asociación de Empresarios de Ribeira nunha nota emitida esta tarde do venres, queren facer públicas unhas consideracións e dar a opinión e posicionamento ante a elección dos festivos locais para o ano 2024, os cales consideran martes de entroido e Santa Uxía.
Queren expoñer que, a celebración de calquera festa ten uns cometidos a conseguir que son naturalmente lúdicos, pero tamén leva parellos uns contidos non menos importantes que son os comerciais e económicos.

Por esto creen que se deben aproveitar todas as oportunidades para que os comercios, hostalería e restauración poidan beneficiarse do fluxo de xentes que un festivo provoca.
Ao parecer da asociación declarar o día 24 de xullo festivo, en véspera do día 25, festa autonómica, produce uns efectos perniciosos para a economía dos comerciantes locais, ao producirse unha ponte de varios días que prexudica gravemente os seus intereses, que son os nosos, e cremos que neste mes de xullo, cos veraneantes e as xentes da nosa cidade xa se produce unha gran actividade económica no día 24 sen necesidade de que este sexa festivo, pois este día xa o celebra a mocidade, que está de vacacións, así como os turistas que nos visitan pola xa arraigada festa que se celebra neses días.

Con respecto ao día de Santa Uxía consideran que potenciando un pouco máis polo Concello a parte lúdica, tamén sería un foco de atracción cara á nosa cidade de xentes, o cal redundaría nun movemento económico nada desdeñable para a nosa hostalería. Sen deixar de puntualizar que creen que calquera cidade que se prece debe honrar á súa patroa. (Santiago o fai o 11 de maio a Ascensión e 16 de agosto San Roque; Boiro San Ramón; A Pobra o Nazareno en domingo pero declarando festivo o luns e Carmen dos Pincheiros o 18 de agosto; Rianxo 14 de xullo O Carmen e 15 de setembro A Guadalupe; O Son 9 de setembro a Virxe de Loreto; Noia 16 de xullo o Carmen e o 24 de agosto San Bartolomé;  Lousame 25 de abril, festa de San Marcos, 30 de setembro, festa de San Roquiño;  Outes San Campio 29 setembro; .Ferrol San Xulian o 7 de xaneiro e 18 de abril a Virxe do Chamorro; Ourense San Martiño o 11 de novembro, Lugo San Froilán 5 de outubro; Vigo 16 de agosto San Roque, Pontevedra 11 de xullo, San Bieito e Vilagarcía de Arousa 23 de maio, Santa Rita (Día posterior á festividade de Santa Rita) e16 de agosto, San Roque. Como se ve todos festivos de patróns)

Baixo o punto de vista do sector empresarial deben ser festivos o martes de Entroido, para desta maneira, salvada a parte lúdica, non prexudicar a comercial co éxodo da nosa mocidade cara a poboacións limítrofes que se teñen ese día como festivo, o cal repercute como está demostrado nunha cidade de Ribeira deserta durante esa xornada, provocando unha perda económica nos diversos sectores da nosa cidade polo feito de ser día laboral.
Días pasados unha delegación de hostalería e restauración, así como membros da Asociación acudiron a reunirse co Sr. Alcalde, ao que lle expuxeron as opinións nestes temas, tendo unha boa acollida pola súa banda e manifestándonos que se terán en conta, así como os das demais partes interesadas.

Desexando que se impoña o sentido común e se chegue a un acordo válido para todas as partes, só nos resta esperar que se tome a mellor decisión para o disfrute e a economía da nosa cidade.

O certo é que si non se chega a un acordo de maioría repeterianse os festivos deste ano a Patrona e a Dorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

El Gobernador del Banco de España finalizó el mandato y Pablo Hernández de Cos sedespidió con la elegancia de un caballero y con la profesionalidad del eminenteeconomista después de seis años al frente de una institución clave para la economía y elsistema financiero...