O rexedor do concello rianxeiro, Julián Bustelo, visitou este venres 1 de setembro os traballos de acondicionamento do novo supermercado Eroski Center, que ten previsto abrir no municipio as súas portas ao público a finais deste ano.

Emprazado na urbanización Virxe de Guadalupe, contará con más de 13.000 referencias de diferentes produtos e estacionamento cuberto para clientes con 60 prazas dispoñíbeis. Disporá dunha superficie de vendas de 1.383 m2.
Inmerso de cheo nas obras de acondicionamento para a súa apertura prevista para finais de ano, o establecemento recibiu este venres día 1 de setembro a visita da nova Corporación municipal de Rianxo, representada polo seu alcalde, Julián Bustelo, que foi acompañado polo director de Obras e Mantemento de Vegalsa-Eroski, Miguel Mesejo e demais persoal da compañía.
Este novo supermercado estará emprazado entre as rúas Irmáns Insua e Rosalía de Castro de Rianxo e porá a disposición dos seus clientes unha oferta comercial de máis de 13.000 referencias, tanto de marcas líderes como de marcas propias de provedores locais. Contará con sección de frescos con venta asistida en froitería, panadería, carnicería, chacinaría, peixería e conxelados, así como con sección Cociña, na que os clientes poderán atopar pratos de comida preparada lista para degustar.
Disporá ademais de servizo a domicilio, compra online e os clientes poderán desfrutar das vantaxes da tarxeta Eroski Club e Eroski Club Oro, coa que poderán acumular un desconto directo do 4%.
Para acometer as obras de acondicionamento deste novo local levarse a cabo un investimento total próxima aos 2.200.000 euros. A atención ao cliente estará cuberta por un equipo de tenda conformado por aproximadamente 40 persoas.



