Galicia reivindica o seu papel como referente europeo e internacional na loita contra a pesca ilegal

11 Setembro 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reivindicou o papel de Galicia como referente europeo e internacional na loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada pois contribúe a formar inspectores de todo o mundo para frear estas prácticas irregulares. Fíxoo durante a inauguración do III Curso de fortalecemento de capacidades para a aplicación do Acordo sobre Medidas do Estado Reitor do Porto, coordinado pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) en colaboración coa Autoridade Portuaria de Vigo e a Fundación MarInnLeg.

O representante do Executivo galego lembrou que esta acción formativa vai pola terceira edición e que nos últimos anos contribuíu a capacitar a profesionais de Sudamérica e de África en materia de loita contra as actuacións ilícitas no sector pesqueiro. Por iso, aseverou que Galicia e o porto de Vigo son exemplos de boas prácticas e de compromiso coa explotación sustentable dos recursos.

Neste sentido, lamentou as informacións vertidas nos últimos tempos contra a comunidade galega e o peirao vigués cuestionando o seu labor de control da actividade pesqueira e salientou o traballo exemplar que realizan todos os profesionais do mar e dos portos galegos. Ademais, cualificou de totalmente inxusto que, de xeito arbitrario, se poña en dúbida a boa reputación que este sector gañou nas últimas décadas froito dun intenso traballo e esforzo para acabar coas prácticas irregulares.

Alfonso Villares incidiu tamén en que a Xunta de Galicia leva anos facendo un importante esforzo para mellorar os seus medios terrestres, marítimos e aéreos de loita contra a pesca ilegal así como colaborando co resto de corpos e forzas de seguridade do Estado, coa Axencia Europea de Control da Pesca e outros organismos internacionais. A pesca ilegal, engadiu, é un problema que afecta aos ámbitos fiscal, laboral, comercial, sanitario e medioambiental, polo que comprometeu o máximo esforzo do Executivo galego na loita contra ela.

O conselleiro do Mar sinalou  ademais que as prácticas irregulares poñen en risco o futuro do sector e que a frota galega é consciente desa realidade, polo que leva décadas facendo unha pesca sostible, responsable e respectuosa cos recursos mariños. Boa mostra diso é que a maioría dos caladoiros nos que faenan os buques galegos se atopan en niveis de rendemento máximo sostible, o nivel de capturas que garante a continuidade da actividade a longo prazo.

O curso

A formación impartida nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vigo chega xa á súa terceira edición, desenvolverase entre hoxe e o 28 de setembro e está dirixida a inspectores de pesca de Perú, Ecuador e Colombia. Na primeira edición participaron profesionais de Ecuador, Costa Rica, Panamá e Perú e na segunda de Guinea Conakri, Madagascar e Mauritania.

Nas xornadas lectivas participan expertos dos servizos de inspección da Axencia Europea de Control da Pesca, da FAO, da Secretaría Xeral de Pesca do Goberno central e da Consellería do Mar, entre outros. Por iso, o titular de Mar aproveitou a ocasión para desexar ao alumnado unhas produtivas xornadas e agradeceu a súa contribución a que as boas prácticas que defende Galicia na loita contra a pesca ilegal se estendan a outros países do mundo.

Outros artigos

Mar dialoga coas confrarías para afrontar os retos do sector pesqueiro

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, xunto co director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo un encontro cos presidentes da Federación Galega de Confrarías de...

+

O Club Náutico de Rianxo achega en agosto un curso de vela lixeira

O Club Náutico de Rianxo acolle, do 3 ao 7 de agosto, un curso de iniciación á vela lixeira co que colabora o Concello de Rianxo. Pola esquerda, o presidente da Federación Galega de Vela (Manuel Villaverde), o rexedor Julián Bustelo e o vicecomodoro do Club Náutico de...

+

Este mércores 22 arrinca a Festa da Xouba de Rianxo

Este mércores 22 de xullo bota a andar unha nova edición da Festa da Xouba de Rianxo. Arrincará cun acto institucional e coa iluminación dos espazos públicos de Rianxo. Ao día seguinte inaugurarase unha mostra temporal no Pazo de Martelo: Os rostros do noso mar. O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.