“Formación e emprego” – José Manuel Pena

28 Setembro 2023

Os cursos de formación, as prácticas en empresas, as escolas taller e os cursos ocupacionais teñen que trasladar a motivación necesaria aos alumnos e que, en todo caso, non pode ser unicamente a de ofrecerlles unha formación teórico-práctica senón que ademais deberían servir de garantía para atopar un posto de traballo, acorde á cualificación profesional de cada persoa.

As Corporacións Locais, xunto coas Comunidades Autónomas ou as Deputacións provinciais, antes de ofertar e aprobar calquera curso ocupacional ou taller de emprego terían que asinar un convenio, con algunhas empresas locais ou comarcais, para garantir a empregabilidade dos desempregados (a maioría, persoas en situación de vulnerabilidade) que superen as probas e obteñan o correspondente certificado de profesionalidade.

Sen ningunha dúbida hai que recoñecer que o que conseguen as diferentes escolas taller, que se realizan en moitas das entidades locais, en colaboración con outras administracións, son dous obxectivos: a formación dos participantes e o traballo en favor da comunidade. Agora hai que dar un paso máis e tratar de lograr a plena e real inserción laboral de todos os participantes, nestes talleres ocupacionais, e todo é cuestión de vontade política.

Está demostrado, que a maior parte, por non dicir a case totalidade, dos participantes nestes talleres o que desexan é traballar por conta allea e non entrar no mundo do emprendemento, creando un negocio, pois a inseguridade e as dúbidas sobre a viabilidade son incertas nos momentos actuais.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.