“Fatima”. Olegario Sampedro

09 Setembro 2023

Foi polas calendas de xuño, cando os días dispensan unha luz interminable, as noites non teñen a valentía para ser totalmente escuras e os raios do sol outorgan esa rara sensación de renacemento. Co seu sempiterno sorriso, Fatima enumeraba en clase, logorreica e entusiasmada, os seus plans para as vacacións: visitaría o seu país de orixe, onde volvería ver os seus avós; 21 era o número de días que faltaban para celebrar o seu 16 aniversario e, exultante, describía os detalles do marabilloso vestido que estrearía na voda dunha curmá.

Expresábase co apaixonamento extravertido e contaxioso da xente sen mácula e carente de facturas vitais. Escoiteina con esa mestura de condescendencia e envexa que nos producen os adolescentes que, con mans excitadas, terman do seu primeiro billete para montar no carrusel da vida .

Axiña os días comezaron a perder pulo e luz. Setembro regresou; Fatima, non. Casara cun home que lle triplicaba a idade e vivía nunha cidade lonxe da súa familia, dos seus afectos e do seu contexto. Estupefacto, notei como un puño de xélido aceiro se instalaba na boca do meu estómago e unha abrupta explosión de milleiros de sinapses decembraba con forza sobre o meu maxín.

Non volvín vela ata un lustro máis tarde. Estaba esperando o seu terceiro fillo, seguía vivindo nunha cidade lonxe de todos e de todo, e puiden constatar que o seu rostro non conservaba nin a máis mínima pegada do seu característico sorriso. Falamos un intre e antes de despedirnos, tiven a feble valentía de preguntarlle se estaba contenta. Calou uns segundos, baixou a mirada e con voz vencida dixo: adeus profe. Nunca ningunha despedida me deixou un sabor a derrota e naufraxio tan pronunciado.

Dende aquel momento presinto que os lazos violetas, os programas sociais e educativos a prol da igualdade e mesmo as abondosas campañas en contra do machismo son xestos que quizais sirvan para aplacar as nosas conciencias, pero que non posúen a máis mínima eficacia fronte á cara real e cruel desa violencia sistematizada que, coa precisión e asepsia dun raio láser, mutila sen rubor o lexítimo futuro de tantas nenas, como o de Fatima.

O sentimento de fracaso que soporto é a meritoria resposta á miña cota de responsabilidade por terlle mostrado a aquela alumna o espellismo dun mundo en igualdade que, para ela, non é, nin será, tal. Por iso, cando chegan as calendas de xuño nunca sorrío. É o único que podo facer por Fatima

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.