Este venres 8 de setembro, as 20.00 horas, sairá a andaina Os Camiños da Memoria, dende o parque García Bayón, de Ribeira, ás 20.00 horas. Trátase dunha iniciativa deportivo-solidaria enmarcada dentro do Mes do Alzhéimer e o seu obxectivo é sensibilizar á poboación sobre esta doenza.
Están inscritas preto de 300 persoas e actuará o músico de Castiñeiras (Ribeira), Tonhito de Poi, co-fundador e membro de Herdeiros da Crus, quen dirá unhas palabras, xunto con representantes do Concello.
Tamén asistirá o influencer Rogelio Queiruga, padriño da anterior edición.




