Este martes ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais de Noia

18 Setembro 2023

A Área de Deportes do Concello de Noia puxo en marcha, con este novo curso, unha nova edición das Escolas Deportivas Municipais. A axenda deste ano, moi envorcada en fomentar hábitos saudábeis entre a cidadanía, inclúe actividades vencelladas ás seguintes disciplinas e modalidades: pilates (luns en mércores cada hora dende as 9.00 horas), ioga (martes e xoves ao mediodía e martes e venres polo serán), ximnasia de mantemento (martes e xoves polo serán), ximnasia terapéutica (martes e xoves pola mañá), ximnasia postural (martes e xoves pola mañá) ou step (martes e xoves ao serán).

O prazo para formalizar a inscrición nos diferentes cursos estará aberto a partir deste martes 19 de setembro. As persoas interesadas en participar nas actividades poderán formalizar a súa inscrición na Oficina de Deportes do Concello de Noia, ou na sede electrónica municipal. Durante os vindeiros días, o Concello achegará máis información sobre os detalles das clases, incluída a súa localización definitiva. Máis información na oficina de Deportes do Concello (981 37 77 03).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...