Este luns abren as inscricións da Ludoteca Municipal de Porto do Son

25 Setembro 2023

O Concello de Porto do Son anunciou a volta á actividade da Ludoteca Municipal, a partir do 2 de outubro. O prazo de inscrición para as persoas interesadas en desfrutar deste servizo para a rapazada, no que se ofrece un amplo abano de actividades creativas (traballos manuais, obradoiros, xogos), abre este luns 25 de setembro. Poden facerse a través do rexistro municipal ou da sede electrónica. Máis información nos teléfonos 981767589 – 698197909 e na conta de corrreo omix@portodoson.gal.

O horario da Ludoteca Municipal será de 16.30 a 19.30 horas. Establécense dous grupos: nenas e nenos de 6 a 12 anos (luns, martes ou mércores, a escoller un dos días) e nenas e nenos de 3 a 5 anos (xoves ou venres, a escoller un dos días).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...