A Escola de Música Moderna de Porto do Son presentou a súa oferta formativa para este curso 2023-2024 que vén de comezar, que inclúe actividades para veciñas e veciños de todas as idades, non só para os máis pequerrechos. As inscricións, segundo informa a EMM, xa están abertas. Ademais, a matrícula é de balde. Achéganse clases individuais, profesores titulados e ensinanzas oficiais.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no 645 935 720. Por ensinanzas, haberá cursos de música e movemento (de 3 a 6 anos), de solfexo (para nenos a adultos) e de práctica instrumental de piano moderno, acordeón, guitarra-ukelele, baixo eléctrico, batería e canto.
Esta oferta formativa conta cota colaboración do Concello.
Segundo informan os responsábeis da Escola, “dende a EMM permitimos a toda aquela persoa que posúa unha paixón pola música adquirir, ademais dunha formación clásica que proporciona a técnica necesaria para a preparación dunha proba de acceso a estudos oficiais (conservatorio), unha formación moderna movéndose sempre na flexibilidade e nos diversos estilos musicais en base ás preferencias e gustos particulares do alumnado, co que se consegue establecer unha relación interdisciplinar profesor-alumno baseada na comunicación aberta e na confianza”.




