“É romper España constituir unha España confederal?. Antón Luaces

05 Setembro 2023

Da España confederal (nación de nacións) á República Española só hai un paso: abandonar a monarquía parlamentaria e constituir esa España plurinacional en base a unha República confederal, prólogo para, probablemente, a maioría de españois do que será o principio do fin do Estado español.

Porque é posible “casar” os intereses dunha España federal ou confederal cos dunha España na que a estabilidade dun Goberno depende de aqueles que, en grande medida, propugnan cando menos a ruptura conceptual do Estado español?.

Canto de lonxe pode estar a idea do independentismo dun Goberno que admita a negociación da amnistía e a celebración dun referendo de autodeterminación areladas por boa parte da cidadania catalana e basca e, en moita menor medida, galega, valenciana e balear?.

Van xa sete anos desque se lle preguntara ao socialista Alfredo Pérez Rubalcaba -finado en 2019- se verdadeiramente se pode gobernar España con alguén que quere rómpela?. E a resposta hoxendía só semella estar clara para aqueles que non admiten unha negociación destas características no caso de que non conclúa outorgándolle a este partido (o PP) a presidencia dun Goberno que arela nestes momentos poñelo nas mans de Alberto Núñez Feijoo.

Agora mesmo son moitos os cidadáns que contemplan con inquedanza o resultado dunha suposta negociación que realice un Goberno presidido por Pedro Sánchez,  aínda estando convencidos de que é a verdadeira saída da actual lea -pragada como está de liñas vermellas que xa se marcaron no seu día con Podemos, ERC e EH Bildu, agora incrementadas con Junts-  que rexeitaría, ben seguro, o citado Rubalcaba pouco ou nada dado a aceptar propostas deste tipo máximo cando non admitiu a dependencia do Goberno de España dos nacionalismos, foran estes os que foran.

E malia todo o PSOE mantén en alto a bandeira da investidura. No canto de proceder á  repetición das eleccións xerais, por máis que se recoñeza o dereito a gobernar co apoio da maioría representada polos deputados do PSOE, SUMAR. PODEMOS, PNV, JUNTS           , ERC, EH BILDU,  ou BNG se, como se pensa, fracasa a investidura de Núñez Feijoo o vindeiro 27 de setembro.

Para que esta investidura pase a mans de Pedro Sánchez, o pacto de Goberno debe contar, a día de hoxe, polo referéndum e a amnistía, e da a impresión de que, malia todo, a formulación non bota para atrás a Pedro Sánchez, convencido -como aparenta estar- de que é posible un Goberno a tantas bandas e con fotografía no pano de fondo do escenario de todo un Carles Puigdemont ao que agora tampouco fan ascos os “populares”. 

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.