
O vindeiro martes, 19 de setembro, o Consello de Ministros de Asuntos Xerais da Unión Europea abordará a formulación realizada polo Goberno español de que o galego, o catalán e o éuscaro se incorporen ao regulamento que axusta o réxime lingüístico, que data do ano 1958 e conta con 24 linguas oficiais. Calquera modificación neste aspecto require a unanimidade dos Vinte e sete, polo que non pode saír adiante ningunha proposta neste senso se un só Estado membro e opuxera. E Suecia pode ser un destes, tendo en conta que o Goberno deste país recoñeceu o mércores que ten dúbidas en relación á incorporación das devanditas tres linguas cooficiais españolas como linguas oficiais dentro da UE.
E se ben aínda non tomou unha decisión final, Suecia xa dixo que estudará os efectos orzamentarios e de funcionamento que implicaría a iniciativa do Goberno de España.
Hai, polo tanto, indecisión no Goberno sueco sobre esa posibilidade de modificar o Regulamento número 1, no que se recollen cales son os idiomas oficiais da UE.
Estocolmo quere examinar máis polo miúdo as consecuencias legais e financeiras da proposta española, xa que hai moitas linguas minoritarias que non son oficiais dentro da Unión Europea.
O Consello de Ministros de Asuntos Xerais do próximo día 19 podería ser o do debate inicial deste asunto que se presenta polémico no que, sen embargo, non desbota unha eventual votación . Esta “a priori” representa agora mesmo ser moi negativa para a formulación do Goberno español. Máis aínda tendo en conta que eurodeputados por partidos nacionalistas españois -caso do galego Camilo Nogueira- xa solicitaran o uso no Parlamento Europeo da súa lingua nai, petición que nunca ata o de agora foi atendida, en base ao anteriormente citado Regulamento número 1.
Cousa distinta será o uso desas tres linguas no Congreso dos Deputados, onde xa esta todo disposto para que na sesión constitutiva das Cortes, a vindeira semana, así se faga, empregando o castelán, o catalán, o éuscaro e o galego na Cámara baixa. Non así, no Senado, onde hai maioría absoluta de representantes do PP. Tampouco neste senso se acada un acordo.


