Domingo con chuvias localmente fortes con vento forte de compoñente sur. Aviso amarelo na costa

16 Setembro 2023

O domingo o centro de baixas presións estará sobre a vertical de Galicia e enviará unha fronte activa que entrará polo oeste durante a mañá. Así, agárdase unha xornada de ceos parcialmente nubrados, con chuvias que comezarán a rexistrarse durante a mañá na metade oeste e que a partir do mediodía irán chegando a toda a Comunidade. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente sur moderado, aumentando a forte pola tarde e con intervalos fortes no litoral.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sueste á mañá, do sudoeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 5 a 7 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 0.5 a 1.5 metros á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar06:043.6 m
Baixamar12:030.7 m
Preamar18:163.7 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:563.5 m
Baixamar11:560.7 m
Preamar18:083.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar06:003.5 m
Baixamar12:000.7 m
Preamar18:133.6 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.