Cinco farmacias das parroquias de Ribeira comenzarán a partir do venres 29 a rotar as gardas nocturnas coas cinco da cidade

26 Setembro 2023

En Ribeira actualmente prestan servizo de garda cinco boticas que se atopan no centro urbano, Sanmamed, Ruiz, Reigosa-Villamil, Malecón e Inmaculada Cruce. Desde o próximo venres 29 de setembro entrarán nas quendas rotatorias outras cinco que están repartidas nas parroquias do concello.

Nun prazo de sete días que se iniciarán os venres, irán collendo o servizo nocturno de 22.00 a 9.30 horas un total de dez farmacias, turnándose cada semana una do centro urbano para a seguinte tocarlle a outra que se atopa nos arredores do centro de Ribeira. A primeira oficina farmacéutica en iniciar este novo calendario será a botica de Reigosa-Villamil, á que seguirá a de Salmón ( preto do hospital de Barbanza), e logo irán collendo a garda sucesivamente a de Sanmamed, a de Palmeira, a do Malecón, a de Castiñeiras, a de Inmaculada-Cruces, a de Aguiño, a de Francisco Ruiz e a de Carreira ata volver empezar..

A farmacia de garda ten que estar a menos de 15 minutos ou 15 quilómetros do punto de atención continuada (PAC). Ao non cumprir este requisito a botica de Corrubedo quedou fóra das gardas nocturnas.

A partir do 29 de setembro tamén se establece un horario de gardas diúrnas que permite que as boticas poidan permanecer estar abertas durante o mediodía (de 14.00 a 16.30 horas). Con todo, como as de Sanmamed, Malecón e Aguiño abren todos os días en horario ininterrompido de 9.00 a 22.00 horas.

Farmacia de Salmón

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.