Chega a Ribeira a exposición ‘Orgullo da nosa lingua’, que reforza a promoción do galego entre a poboación

18 Setembro 2023

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán en Ribeira na apertura da mostra itinerante Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir, impulsada pola Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2023 co obxectivo de reforzar a promoción e o coñecemento da lingua galega entre todos os sectores da poboación.

No acto de apertura na praza do Concello, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades explicou que esta mostra “quere resaltar non só o rica que é a lingua galega, senón tamén o feito de que é creación única dos galegos”. Nesta liña afirmou que a exposición “presenta o galego como o que é: unha lingua con pasado, pero tamén con futuro” e animou a todos os visitantes a que se apunten a falala para continuar transmitíndoa, enriquecéndoa e dándolle vida”.

Tras a súa inauguración o pasado 11 de setembro en Arteixo, a mostra permanecerá en Ribeira ata este domingo 24 para visitala a calquera hora. Ademais, contará tamén cunha persoa dinamizadora, que guiará os visitantes e interactuará con eles mediante xogos e dinámicas de participación. O horario das visitas guiadas será o seguinte: luns, martes e xoves, de 16,00 h a 20,00 h, mércores de 10,00 h a 14,00 h, e venres e sábado de 10,00 h a 14,00 h e de 16,00 h a 20,00 h.

Despois, seguirá a súa itinerancia por outros dous concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Marín, do 25 de setembro ao 1 de outubro, e Redondela, do 2 ao 8 de outubro.

Toponimia, refraneiro, variedades

Orgullo da nosa lingua recolle algunhas das peculiaridades e trazos de identidade do noso idioma e da súa evolución co obxectivo de promover o galego entre todos os sectores da poboación. Composta por cinco grandes paneis de 1,70 metros de alto e de dúas caras, aborda temas como a riqueza toponímica de Galicia, a abundancia do noso refraneiro, as variedades dialectais, as numerosas palabras que temos para falar da chuvia ou as moitas formas diferentes de chamarlles aos mesmos peixes.

Ademais, o público poderá acceder tamén a premios a través dun código QR dispoñible en cada unha das estruturas da mostra respondendo a un cuestionario sobre a lingua galega e entrando no sorteo de lotes sorpresa, que poderán incluír agasallos como entradas para espectáculos, camisetas, bolsas e moito máis.

Toda a información sobre a exposición está dispoñible no Portal da Lingua Galega.

Máis de 70 accións de dinamización lingüística

Esta actividade enmárcase na programación do FalaRedes 2023, que desde o seu comezo o pasado marzo promoveu máis de 70 accións de ocio en galego como espectáculos ou monicreques. Os obxectivos deste programa, que xa vai pola súa duodécima edición, son ampliar a oferta de ocio no noso idioma, reforzar a oferta de actividades en galego dos concellos adscritos, promover o uso e valoración positiva da lingua propia de Galicia e apoiar os e as artistas que desenvolven o seu traballo nela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...