“Castelán, catalán, galego e eusquera en pé de igualdade no Congreso dos deputados”. Antón Luaces

07 Setembro 2023

Junts, non.

Junts non asinou a proposta de reforma do regulamento do Parlamento español para que os deputados podan empregar nas súas intervencións calquera das línguas oficiais españolas. Nomeadamente, a máis do castelán, o catalán, o galego e o eusquera, feito que se producirá en breve se todo segue unha tramitación normal.

Polo tanto, xa está a piques de ser permitida unha reforma que non se produciría de non se ter dado o resultado xa coñecido das eleccións xerais do 23X que obrigan aos dous partidos maioritarios (PP e PSOE) a pactar cos partidos nacionalistas -agás un pacto entre eles, impensable agora mesmo- se calquera dos seus candidatos quer ser elixido presidente do Goberno. Para que isto fora posible, a chave da porta está nas mans de Junts e, en concreto, nas do actualmente non electo en España (onde legalmente non pode entrar sen ser detido) Carles Puigdemont.

Nunca pensei que chegaría a vivir algún día que no Congreso dos Deputados de España podería escoitar expresións en galego, catalán ou eusquera – a máis, obviamente, do castelán- e que agora vaia ser realidade en poucos días, semanas talvez, algo polo que tanto pelexou o nacionalista Camilo Nogueira Román, deputado polo BNG nas lexislaturas de 1981-85, 1985-1989 e 1989-1993 sen o ter acadado, como tampouco obtivo resposta afirmativa cando formulou a mesma proposta durante a lexislatura  1999-2004 no Parlamento Europeo, onde só lle permitiron utilizar como deputado o idioma portugués pola súa semelllanza ao galego (por non se expresar en castelán).

Pero Junts non está cos asinantes bascos, cataláns e galegos da proposta de reforma do regulamento do Congreso dos Deputados; se acaso irán directamente ao acordo con PP ou PSOE para lle outorgar a un destes partidos a posibilidade de gobernar España desde Madrid (no caso de que non se convoquen novas eleccións xerais, por non se dar chegado a acordo para presentar ao xefe do Estado un candidato que teña garantida a súa elección como presidente do Goberno.

Vai ser curioso e gratificante vivir ese momento.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.